Wang Xiaoshuai

Descrición

O director Wang Xiaoshuai (1966, Shanghai, China)

Graduado na Academia de Cine de Pekín, debuta en 1993 con The Days, á que seguen Frozen (1996) e Demasiado cerca del paraíso (1998) polas que obtén recoñecemento a nivel internacional ao retratar unha xuventude apática a pesares dos históricos cambios políticos e sociais que sufría China.

Posteriormente obtería o Oso de Prata do Festival de Berlín en 2001 por La bicicleta de Pekín. Sueños de Shanghai (2005), In love we trust (2010) ou Red Amnesia (2014) son outras das súas obras, nas que segue retratando os cambios que afectan a un país coma China, sempre dende o punto de vista da xente de a pé.

Películas