Silvio y los otros

20 Setembro 2019
20:00
22:30 VOS
Título orixinal: 
Loro: International Cut
Sesión: 
Nº292
Lugar: 
Auditorio Municipal Manuel María
Idioma: 
Español e VOSE
Duración: 
150 minutos
Ano: 
2019
País: 
Italia
Comparte: PDF

Sinopse

Silvio Berlusconi atópase no momento máis complicado da súa carreira política, ven de saír do goberno e coas acusacións de corrupción e de conexión coa mafia a punto de chegar ao xulgado.

Sergio Morra é un atractivo home feito a si mesmo que soña con dar un pulo aos seus cuestionables negocios de provincia a unha escala internacional. O camiño máis rápido para conseguilo é achegarse a Silvio. Mais só hai unha forma de chamar a atención de Il Cavaliere: as festas, a extravagancia e o exceso.

Tráilers e Vídeos

Críticas

  • “A película é Sorrentino en estado puro, un monumental exercicio de incontinencia, tanto argumental coma estilística.” (Alberto Luchini, El Mundo)

     “Retrato emocional do home detrás da careta do poder (…) Unha película 100% Sorrentino. (…) Servillo, como non, está inmenso.” (Irene Crespo, Cinemanía)

    “Para culpables e contraditorios voyeurs da decadencia de Europa (…) Pantagruélico, excesivo, o director ponse do lado do seu vilán de opereta.” (Fausto Fernández, Fotogramas)

Próximas Películas

Radical

26 Abril 2024 20:00 22:30 VOS