Reboiras: acción e corazón

11 Decembro 2020
20:00
20:00
Título orixinal: 
Reboiras: acción e corazón
Sesión: 
Nº318
Lugar: 
Auditorio Manuel María
Idioma: 
Galego
Duración: 
61 minutos
Ano: 
2020
País: 
España
Comparte: PDF

Sinopse

CONTAREMOS COA ASISTENCIA DO SEU DIRECTOR NA SESIÓN DO SÁBADO 12 ÁS 20:00

Retrato de Xosé Ramón Reboiras Noia, “Moncho Reboiras”, desde a vertente humana e política. A vida e o pensamento deste rapaz nacionalista galego, asasinado en 1975 pola policía da ditadura franquista, son recreados a través da entrevista a 29 persoas que compartiron con el activismo, militancia e distintas vivencias.

Recréanse ademais as derradeiras horas de Reboiras antes de ser asasinado a través de secuencias de ficción.

Ficha técnica

Director: 
Guión: 

Tráilers e Vídeos

Críticas

  •  

     Na madrugada de 12 de agosto de 1975 é asasinada a última vítima mortal da ditadura franquista na Galiza.

    Xosé Ramón Reboiras Noia, con só 25 anos, sufriu múltiples disparos da policía na rúa da Terra de Ferrol. Aquel mozo de conviccións nacionalistas convertérase moi cedo en destacado membro da clandestina Unión do Povo Galego, a través da cal foi alicerce fundamental na organización de amplos sectores da sociedade galega en frontes de actuación como a sindical, a cultural ou a política.

    O réxime era sabedor das grandes habilidades de Reboiras para impulsar as organizacións de masas do nacionalismo galego, mais o propio Moncho tamén era consciente da crueldade do réxime e do perigo que el mesmo afrontaba. Este será o primeiro filme documental sobre o último loitador galego morto en desigual combate contra Franco.

Próximas Películas

Vidas pasadas

19 Abril 2024 20:00 22:30 VOS

Radical

26 Abril 2024 20:00 22:30 VOS