O que arde
Sinopse
Ninguén espera a Amador cando sae do cárcere tras cumprir a súa pena por ter provocado un lume. Regresa á súa casa, nunha aldea perdida nas montañas lucenses, onde volverá a convivir coa súa nai, Benedicta, a súa cadela, Lúa e as súas tres vacas.
As súas vidas transcorren ó ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un lume violento arrasa a zona.
Ficha técnica
Reparto
Imaxes
Tráilers e Vídeos
Premios
- Premio Goya 2020: Mellor Actriz Revelación (Benedicta Sanchez) e Mellor Dirección de Fotografía.
- Festival de Cannes 2019: Premio do Xurado – Un Certain Regard
- Festival Mar de Plata 2019: Mellor Película e Guión
Críticas
“Oliver Laxe encadea (…) Unha obra irrefutable e maior (…) prodixioso traballo de Mauro Hercé na fotografía. Unha película dunha beleza tan provocadora coma hipnótica, á vez apoloxía e refutación do lume.” (Luís Martínez, El Mundo)
“Fascinante crónica do regreso dun pirómano á súa aldea (…) é un fascinante artefacto que atrapa un modo de vida en extinción na Galicia rural (…) dous marabillosos actores non profesionais.” (Oskar Belategui, El Correo)
“Poucas películas recentes posúen un inicio tan abraiante. (…) Cine contemplativo pero nunca redundante, axustadísimo en cada plano, sen regodeos de grandilocuencia.” (Jordi Ocaña, El País)