Especiales
Sinopse
Bruno e Malik son dous amigos que durante vinte anos viviron nun mundo diferente: o dos nenos e adolescentes autistas. Ao cargo de dúas organizacións sen ánimo de lucro, forman a rapaces para que sexan coidadores de casos extremos. Desta forma, crean unha asociación excepcional, fora das contornas tradicionais, para unhas persoas extraordinarias.
Ficha técnica
Reparto
Imaxes
Tráilers e Vídeos
Premios
Festival de San Sebastián 2019: Premio do público
Críticas
“Nakache e Toledano narran moi ben o drama do autismo máis severo e menos pacífico (…) un universo moi duro que abordan con realismo, sentimento, sen edulcorantes.” (Carlos Boyero, El País)
“Docudrama, definitivamente especial (…) A idea é agochar a ficción, que o real vibre, que o distinto apareza non como excepción senón como regra de medir o mundo.” (Luís Martínez, El Mundo)
“É rápida e moi descritiva do afán filantrópico (…) Non é doado atopar un punto de equilibrio neste tipo de películas, pero Especiales atópao na súa modulación do afectivo e o crítico.” (Oti Rodríguez Marchante, El País)