El valle de la esperanza
Sinopse
Líbano, verán de 1958. Tres irmás pertencentes á alta sociedade cristiá están de vacacións nas montañas libanesas.A tranquila vida do pobo vese sacudida polos ecos dunha revolución que retumba desde Beirut e pola chegada de dous veraneantes franceses. Porén, é no seo da familia onde se produce a axitación. A irmá maior, Layla, perfecta nai e esposa, abrirá os ollos á sociedade patriarcal que as mantén baixo control. No novo Líbano que soña cunha idade de ouro ¿pode unha muller ter un destino distinto ao trazado polos homes?
Ficha técnica
Reparto
Tráilers e Vídeos
Críticas
Film fermosos e cheo de luz (...) Un bonito conto de verán sobre o espertar dunha muller e dun país.”(Nuria Vidal, Cinemanía)
“Un melodrama (...) elegante, sutil e emocionante; nada acartonado na súa ambientación de época, que transmite a asfixia dun vetusto patriarcado.” (Philipp Engel, La Vanguardia)
“A delicadeza e sensibilidade coa que Chahine arropa aos personaxes femininos inmuniza a película contra o reducionismodo discurso panfletario.”(Manu Yáñez, Fotogramas)