Álvaro Brechner

Descrición

O director, Álvaro Brechner (1976, Montevideo, Uruguai)

Iniciado na dirección de documentais, realizou máis de 10, emitidos por TVE, History Channel ou Odisea, entre os que destacan La ley del ring, Serafad ou Papá, ¿por qué somos del Atleti?

En 2003 produciu, escribiu e dirixiu a curtametraxe Trece kilómetros bajo la lluvia, rodad en branco e negro, baseada nun relato do escrito norteamericano Harry Kemelman, e pola que obtivo varios premios en festivais internacionais. Tras un par máis de curtametraxes, dirixe a súa primeira película de longa duración en 2009, Mal día para pescar, tamén producida e escrita por el ,mesmo.

Tras Mr. Kaplan (2014), da que volveu a encargarse  da dirección, produción e da escritura do guión, chega en 2018 La noche de 12 años, coa que acada recoñecemento de critica e público a nivel mundial e coa que gañou o Goya 2019 a Mellor Guion Adaptado.

Películas