Pacifiction

19 Xaneiro 2024
20:00 VOS
22:45 VOS
Sesión: 
Nº403
Prezo: 
3€ (estudantes/xubilados/parados) / 5€ público xeral
Lugar: 
Auditorio Manuel María O Carballiño
Duración: 
165 minutos
Ano: 
2022
País: 
Francia
Comparte: PDF

Sinopse

Na illa de Tahiti, na Polinesia Francesa, o Alto Comisionado da República, De Roller, representante do estado francés, é un home calculador, de modais impecables. Tanto nas recepcións oficiais como nos establecementos ilegais, non deixa de tomar o pulso a unha poboación local cuxa ira pode espertar en calquera momento. E máis aínda cando un rumor se instala: semella que avistaron un submarino, o que podería anunciar un reinicio dos ensaios nucleares franceses.

Reparto

Tráilers e Vídeos

Premios

    • Premios César da Cinematografía Francesa 2022: MellorActor (Benoît Magimel) e Mellor Fotografía
    • Premios Gaudí 2022: Mellor Película en fala noncatalana, Mellor Fotografía e Dirección Artística
    • Premios Cahiers du Cinéma 2022: Mellor Película
    • Premios Cineuropa 2022: Mellor Película

Críticas

  •  

    "Unha luminosa inmersión nun paraíso decadente e crepuscular (...) dunha beleza nocturna e arrebatada (...) A riqueza expresiva de Serra, a súa potencia estética, non para de crecer (...) Unha película tan extraterrestre como humana.”(Elsa Fernández Santos, El País)

    “É unha obra profunda e catártica que planea pola pantalla coma un animal ferido, na procura de imaxes nunca vistas, de silenzos xamais imaxinados, dunha escura ameaza que se enreda nas alas dos anxos.” (Luís Martínez, El Mundo)

    “Unha obra abrumadamente cativadora (...) resulta intrigante, bela, desconcertante, tenra, melancólica, sedutora, absurda e aratos, hipnótica.”(Nando Salvá,El Periódico

Próximas Películas

El valle de la esperanza

3 Maio 2024 20:00 22:30 VOS